top of page
Diseño sin título.png

Sobre o proxecto

Sobre o proxecto

Esta reportaxe multimedia foi realizada por Paula Hernández Platero como Traballo de Fin de Grao en Xornalismo  na Universidade de Santiago de Compostela en 2024. Nace co obxectivo de dar a coñecer unha cultura drag galega que busca desenvolverse nunha sociedade aínda indiferente ou prexuízosa.

 

"Fantasía e o demais" é un proxecto sobre o drag en Galicia presentado nun formato innovador e que ubica ás distintas personaxes no centro do relato dunha maneira que permita dignificalas e que conten desde a primeira persoa o que non se ve nos escenarios.

Agradecementos

Quixera comezar dándolles as grazas a todas as persoas que decidiron compartir o seu tempo e a súa arte comigo, incluso abríndome a porta das súas casas: Javier Eijo, Nicolás Martínez, José Juan Pena, Javier Sánchez, Leonor Sangabriel, Santiago Fernández e Grey Olivera. Sen esquecer, por suposto, aos vosos drags. Sen eles non existiría esta reportaxe.

Tamén a todos os que participaron como fontes: Daniela Ferrández, Benjamín Martínez, Eduardo Domínguez, José Bouzas e con especial mención a David Fuentes por deixarme empregar as instalacións do Claro Boba para gravacións. Ademais, quixera agradecerlle a axuda ao meu compañeiro de gremio, Daniel Portela, por realizar a reportaxe que sentou as bases deste traballo e por proporcionarme no seu momento información e contactos.

Finalmente, pero non por iso menos importante, grazas ao meu mozo, ás miñas amizades e á miña familia por animarme a seguir adiante e á miña titora Alba Silva por aceptar este tema e estar sempre para o que precisase.

Créditos

A autora

Paula Hernández

Ola! Son Paula Hernández Platero, unha xornalista amante do ámbito cultural e social.

Mentiría se dixera que este proxecto leva comigo pouco tempo, porque o certo é que leva máis dun ano na miña cabeza.

 

Como moitas das persoas que aparecen aquí, descubrín o drag hai anos a partir de Drag Race, a Gala Drag das Palmas de Gran Canaria e figuras como Divine ou Kika Lorace e desde entón acompañáronme nos distintos momentos da miña vida. Porén, precisaba achegarme a el fóra das pantallas e desde a súa faceta máis local, diversa e real.

Esta curiosidade foi o que me levou a comezar este traballo e descubrir que non hai que irse moi lonxe para atopar o que máis te fascina. A fantasía ás veces está nos lugares máis insospeitados.

Todo o material fotográfico e audiovisual correspondente aos protagonistas é propio a excepción do facilitado por Marisa Prisa, Nico Elsker, Lucía Cabrero, Meiga-i, Leonardo Fiebre, Kim Miller, Aymar Note, Endis Neer e Di Sashta.

Contáctanos

Grazas pola túa mensaxe!

Barra de labios

Fantasía e o demais | Paula Hernández | 2024

bottom of page